Gato Guille e os monstros
Gato Guille estaba xogando na súa habitación.
De súpeto escoitou un ruido estrano: Fiiiuuuuu fiiiuuuu...
Asustouse moito e saiu correndo.
Este álbum aborda un tema interesante e habitual nos nenos:
o medo. Gato Guille é incapaz de quedar só xogando porque
atérranlle os ruidos estranos: o aire que entra pola fiestra,
a lavadora, o ascensor, a cisterna que pinga... Calquera son alleo
convértese, na súa imaxinación, nun monstro que pode atacalo.
A súa reacción consiste en fuxir na procura da protección da nai.
Mamá Gata é a súa única fonte de seguridade e, avanzando
a historia, o lector comprobará que tamén é a única capaz
de disiparlle os temores. Porque acaba sendo a nai quen
se alarme cos ruidos que previamente atemorizaran a Guille.
Daquela o gatiño axudaralle a perder o medo tomándoa da man
e dándolle unha explicación razoable a cada suceso.
14,00 €
13,30 €
Klub
Cantidad
Comentarios 0 Comentario(s)