A consulta Os derradeiros días de Santi Brouard
O 20 de novembro de 1984 Santi Brouard é asasinado na súa consulta de Bilbao. O director xeral de Seguridade do Estado Julián Sancristóbal dá a orde para isto ao policía Rafael Masa, e este págalle a Luis Morcillo e a Rafael Sánchez Ocaña. A morte de Brouard provocou una fonda conmoción na sociedade vasca: presidente de HASI, membro da mesa nacional de HB, tenente alcalde de Bilbao, parlamentario, pediatra… Polo seu carisma e o seu compromiso, Brouard era un médico moi coñecido na cidade e unha persoa de gran ascendencia en distintas familias políticas. Adur Larrea e Harkaitz Cano mergúllanse mediante a ficción na intimidade do personaxe, tecendo o seu perfil público e a súa vida privada cos anos oitenta como telón de fondo.
Detalles
Comentarios 0 Comentario(s)